Servizo de Fisioterapia
A Asociación AGORA conta cun Servizo de Fisioterapia o cal ten como obxectivo fomentar a Autonomía Persoal das súas persoas Usuarias e das persoas Asociadas á entidade.
O Tratamento Fisioterapéutico consiste no uso dunha gran cantidade de técnicas manuais, exercicios dirixidos, mobilizacións e dispositivos (mecánicos e/ou electrónicos), os cales son aplicados a unha persoa usuaria ou grupo de persoas usuarias para previr ou tratar patoloxías de diversa orixe. Normalmente a fisioterapia pódese agrupar en tratamentos para a dor, disfuncións biomecánicas/patomecánicas e tratamentos de fisioterapia neurolóxica.
O Obxectivo Xeral que se persegue dende a Asociación AGORA facilitando este Servizo de Fisioterapia é promover o máximo estado de saúde e de autonomía das persoas usuarias facéndoa extensiva a todos os ámbitos, mellorando así a súa calidade de vida. Este servizo tamén permite ás persoas usuarias un mantemento físico co fin de xerar novas oportunidades de participación na súa contorna, garantindo o dereito á participación en igualdade de oportunidades nas diferentes actividades do mesmo.
"A Asociación AGORA está Inscrita no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios co número C-27-000891 na oferta asistencial U.59 - Fisioterapia."