Servizo de Psicoloxía


A Asociación AGORA conta cun Servizo de Psicoloxía o cal ten como obxectivo dar un Servizo Interdisciplinar de Atención Psicolóxica individual, familiar e de grupo ás súas persoas Usuarias e ás persoas con discapacidade da Comarca de Lemos. Tamén proporciona ás súas familias un servizo de atención especializado, co fin de alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades en todos os ámbitos.

A Asociación AGORA proporciona un Tratamento Psicolóxico que consiste nunha ciencia social enfocada na análise e a comprensión da conduta humana e dos procesos mentais que experimenta un individuo, tanto a nivel persoal como dentro dos grupos sociais onde se desenvolven. Existen diversos enfoques e metodoloxías que teñen como finalidade solventar as patoloxías emocionais e mentais así como dotar de ferramentas idóneas para a xestión das mesmas