A Asociación AGORA mellora as instalacións das Vivendas Tuteladas e do Centro de Atención Diúrna no ano 2024
20 de Novembro de 2024Na Asociación AGORA abrimos unha oferta de emprego. ¿Queres traballar connosco?
Na Asociación AGORA para persoas con discapacidade de Monforte de Lemos temos aberta 1 oferta de emprego a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia.
O perfil profesional para cubrir a devandita oferta é o seguinte:
- Unha/Un Psicóloga/o 12 meses ao 75% da xornada.
O salario é segundo convenio (XV Convenio Colectivo Xeneral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con discapacidade).
Para poder acceder a esta oferta tes que cumprir os seguintes requisitos:
- Estar en situación de desemprego e como demandante de emprego (non vale mellora de emprego).
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro nas seguintes convocatorias: Orde do 3 de agosto de 2021 (DOG nº 159, do 19 de agosto: TR352A 2021); Orde do 12 de xullo de 2022 (DOG nº 139, do 21 de xullo: TR352A 2022); Orde do 31 de xullo de 2023 (DOG nº 152, do 10 de agosto: TR352A 2023).
Se cumpres os requisitos manda a túa candidatura antes do 2 de decembro de 2024 ao noso correo electrónico agora@cogami.gal