Servizo de Terapia Ocupacional


A Asociación Agora conta cun Servizo de Terapia Ocupacional o cal ten como obxectivo, tendo en conta as características individuais de cada persoa usuaria, o Fomento da Autonomía Persoal de cada usuaria/o. Para iso a través deste Servizo traballamos coas persoas usuarias ensinándolles técnicas para realizar actividades básicas da vida diaria, actividades instrumentais da vida diaria, educación, traballo, lecer e participación social co fin de mellorar a súa calidade de vida a través destas técnicas de ensino.

Dentro deste Servizo de Terapia Ocupacional tamén desenvolvemos, tendo en conta as características individuais de cada persoa usuaria e co fin de mellorar a súa calidade de vida, programas de actuacións a través de técnicas de Estimulación Cognitiva e adestramento das Habilidades Sociais para a mellora da memoria, a linguaxe, a atención, a concentración, o razoamento, a abstracción, as funcións executivas, o manexo do euro, o manexo do reloxo, o cálculo e a resolución de conflitos.