Servizo de Voluntariado
A Asociación Agora conta cun Servizo de Voluntariado no cal as persoas voluntarias prestan apoio ás persoas con discapacidade, colaboración en actividades asociativas e apoio en saídas puntuais organizadas pola Asociación.
Dentro deste Servizo de Voluntariado a través de Programas de Sensibilización téntase dar a coñecer a problemática das persoas con discapacidade entre as diversas entidades e na cidadanía en xeral.