Servizo de Información e Asesoramento
A Asociación AGORA conta cun Servizo de Información e Asesoramento no que as demandas que se reciben de calquera dos recursos da entidade, de persoas usuarias, familiares, entidades ou da poboación en xeral son atendidas dende as instalacións nas que se atopa o Centro de Día Agora. Xeralmente son respondidas pola dirección do centro ou polo traballador social, que se encargan de informar, derivar ou prestar asesoramento a calquera persoa que o necesite, atendendo as súas necesidades e peticións.
As persoas que requiran deste Servizo de Indormación e Asesoramento poderán facelo a través dos seguintes métodos:
- Presencialmente no Centro de Día Agora que atopa situado na seguinte dirección: Rúa Carude, 142, Baixo, Monforte de Lemos (Lugo)
- Telefónicamente aos números 982410289 ou 670971767
- Por internet a través da nosa Páxina Web https://www.asociacionagora.gal ou a través da nosa Páxina de Facebook https://www.facebook.com/Asociación-AGORA-para-persoas-con-discapacidade
- Por correo electrónico ás seguintes direccións de correo: agora@cogami.gal ou agora.traballosocial@cogami.gal