Servizo de Traballo Social
A Asociación AGORA conta cun Servizo de Traballo Social dende o que se fai o primeiro contacto coas posibles persoas usuarias dos distintos centros da Asociación. Aténdense as diversas demandas que chegan, faise unha análise de cada caso e situación e en función diso faise un asesoramento e dáse a información pertinente sobre o recurso ou os recursos que se adecúen o máximo posible ás peticións de cada quen.
Neste ámbito social tamén se desempeñan diversas funcións tales como intervencións, apoios, acompañamentos e prevención para o desenvolvemento persoal e a promoción da súa autonomía.
Doutra banda, realízanse coordinacións cos diversos profesionais das diferentes institucións e organismos.