Servizo de Transporte Adaptado
A Aociación AGORA conta cun Servizo de Transporte Adaptado propio o cal utilizan a maior parte das persoas usuarias do Centro de Día Agora e do Centro de Atención Diúrna Ocupacional Agora para acudir ao recurso e volver para as súas casas. Tamén se utiliza puntualmente para facer saídas de lecer, visitas médicas ou xestións que teñan que realizar calquera das persoas usuarias.