A Asociación AGORA acode ao Acto do 25N de 2022 celebrado en Monforte
25 de Novembro de 2022Usuarios e Usuarias da Asociación AGORA facendo adornos para Nadal 2022
20 de Decembro de 2022AJE Ourense Premia a Cogami polo "Seu Compromiso Social"
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE Ourense) celebrou no Arquivo Histórico de Ourense, a XI edición dos premios e recoñecementos AJE. E un destes premios recaeu en COGAMI, o premio ao “Compromiso Social 2023” polo labor que leva a cabo coas persoas que teñen algún tipo de discapacidade e apostando pola inclusión en todos os ámbitos da sociedade”.
A Vicepresidenta Segunda de COGAMI e Directora da Asociación AGORA, Mónica Álvarez, foi a encargada de recoller este premio que lle foi entregado polo delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, de María Troncoso, xestora de comunicación de Cocacola, e de María del Carmen Bernárdez e Adrián Dacal, membros da directiva AJE.
Durante o discurso de agradecemento, Mónica Álvarez dixo que “este recoñecemento supón un paso máis para a visibilización e normalización das persoas con discapacidade na sociedade e no eido laboral”. A Vicepresidenta segunda continuaba co discurso falando da importancia para a sociedade de que as empresas sexan inclusivas, da igualdade de oportunidades para todas as persoas e recalcou que “para unha persoa con discapacidade o traballo é máis que un dereito, supón unha oportunidade encamiñada a ter unha vida digna e estable, fomentando a nosa participación na sociedade e mellorando a autonomía persoal”.