Servizo de Residencia


A Asociación AGORA conta cun Servizo de Residencia no que xestiona dúas Vivendas Tuteladas, Agora I e Agora II. Este servizo está destinado para persoas autónomas que poidan necesitar apoios puntuais no seu día a día.

As Vivendas están autorizadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e están abertas e ocupadas durante todo o ano polas persoas usuarias.

Estas Vivendas ou Apartamentos Tutelados están vinculados no seu funcionamento ás actividades do Centro de Día Agora, participando os seus usuarios ou residentes nas mesmas actividades desde as 10:00 horas ata as 18:00 horas e de luns a venres. Nas fins de semana, os usuarios, son atendidos nas vivendas por persoal técnico dá a Asociación.