Servizo de Logopedia


A Asociación AGORA conta cun Servizo de Logopedia o cal ten como obxectivo xeral alcanzar un benestar comunicativo na persoa usuaria que propicie un adecuado desempeño cognitivo, social e persoal. Xa que é fundamental que a persoa senta que se pode comunicar en calquera situación e que as persoas que o rodean compréndeno para que a comunicación sexa o máis autónoma posible.

O Tratamento de Logopedia consiste no estudo, prevención, detección, avaliación, diagnóstico e tratamento de todos aqueles problemas relacionados coa linguaxe (escrita e xestual), fala, comunicación, voz, audición, e deglución. A principal premisa da logopeda é rehabilitar, na medida do posible, as funcións alteradas, axudándose e mantendo as preservadas, proporcionando axudas e estratexias que poidan optimizar o seu desempeño na vida diaria.

"A Asociación AGORA está Inscrita no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios co número C-27-000891 na oferta asistencial U.61 - Logopedia."