Centro de Día Agora

O Centro de Día Agora ofrece atención personalizada a persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado da Comarca de Lemos.

O Centro de Día Agora funciona cos seguintes principios: Valorar sempre as decisións, ilusións e expectativas das persoas usuarias e fomentar a convivencia das persoas usuarias e as súas familias. En definitiva, o noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade proporcionándolles apoios para desenvolver ao máximo o seu proxecto de vida persoal, incluíndo de forma activa ao seu grupo familiar e contorna social directa.

O horario de apertura é de luns a venres de 9:30 horas ás 18:00 horas.

Dispón de Transporte Adaptado propio o cal funciona para que as persoas usuarias poidan participar diariamente das actividades do Centro de Día.

O Centro permanece pechado durante o mes de agosto.

Servizos Que Prestamos

Área de Información, Valoración, Seguimento e Orientación

Servizo de Valoración, Seguimento, Avaliación e Coordinación:
  • Avaliación das necesidades e intensidade dos apoios

  • Programa de Atención Individual (PAI)

  • Seguimento e avaliación do PAI

    Servizo de Información e Orientación:
    • Acollida e valoración das necesidades das persoas

    • Avaliación das necesidades e intensidade dos apoios

    • Plan de apoio individualizado

    • Seguimento e avaliación do Plan de apoio

      Área de Mantemento e Rehabilitación

      Servizos Sanitarios (Nº C-27-000891):
      • Servizo de Fisioterapia

      • Servizo de Logopedia

      • Servizo de Terapia Ocupacional

        Servizos Non Sanitarios:
        • Atención Psicolóxica

        • Estimulación Cognitiva

        • Ximnasia de Mantemento

        • Psicomotricidade

        • Relaxación

        • Hidroterapia

          Actividades e Programas

          • Educación de Adultos

          • Xogo Cognitivo

          • Manualidades

          • Talleres Estacionais

          • Talleres de Mosaico

          • Novas Tecnoloxías

          • Lectura de Prensa

          • Musicoterapia

          • Risoterapia

          • Cineforum

          • Programa de Respiro Familiar

            Outros Servizos

            • Comedor

            • Transporte Adaptado

            • Produtos de Apoio

            • Limpeza e Mantemento

            • Xestión e Administración

            • Supervisión e Vixilancia