A Asociación AGORA únese ao Manifesto de ACADAR do 25N de 2022
25 de Novembro de 2022AJE Ourense premia a COGAMI polo “Seu Compromiso Social”
1 de Decembro de 2022A Asociación AGORA acode ao Acto do 25N de 2022 celebrado na Praza do Concello de Monforte de Lemos
O Concello de Monforte de Lemos conmemorou hoxe o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, dentro da campaña de sensibilización “Monforte, en Negro contra ás Violencias”, organizada pola Concellería de Muller e Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM).
Ás 12 do mediodía, hora á que comezaba o Acto na praza do Concello, acudiron, como tantas outras persoas, as Usuarias e Usuarios da Asociación AGORA en compañía das Traballadoras e dos Traballadores da Entidade para escoitar á lectura dun manifesto contra a violencia contra as mulleres a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.