XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria de COGAMI en 2023
26 de Maio de 2023Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria Asociación AGORA 2023
17 de Xuño de 2023Anxo Queiruga renova Presidencia de COGAMI o 26 de maio de 2023
COGAMI elixe como presidente a Anxo Queiruga Vila, que leva 16 anos ao fronte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, integrada por 56 entidades que traballan pola defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e a súa participación social en igualdade de oportunidades.
Este sonense de nacemento e compostelán de adopción, revalida o cargo durante a celebración da XIX Asemblea Extraordinaria celebrada en Santiago, acompañado por 40 persoas representantes da xunta directiva, de entidades membro ademais de persoas convidadas pola Organización. Tras agradecer a confianza depositada novamente, Queiruga expresou “seguiremos traballando a favor da plena inclusión das persoas con discapacidade, esixindo o noso espazo na sociedade dende unha visión de dereitos humanos que faga posible rachar as barreiras que limitan a nosa participación social”.
Nesta nova etapa, a Anxo Queiruga acompañarano como vicepresidente Ramón Sestayo, como vicepresidenta 2ª Mónica Álvarez, como secretario xeral Víctor Silva, como vicesecretaria Juani Tubío, como tesoureiro Álvaro García, como vicetesoureiro Paulo Fontán, e como vogais Celso Álvarez, José Luis Costoya, Laura Quintas, Manuel Santos, Ignacio Rodríguez, Carmen Fernández, Juan Antonio De la Silva, José Luis Lolo y Monteserrat Cuevas, xunto con Javier Mouriño que vén a sumarse á directiva.
Queiruga entra a formar parte de COGAMI no ano 1997, comezando como técnico de administración e en 2002 pasa a ser responsable das áreas de formación e emprego. En 1998 é nomeado vicepresidente e no ano 2007 asume a presidencia de COGAMI, un cargo que volve renovar no día de hoxe por catro anos máis.