Anxo Queiruga renova Presidencia de COGAMI en 2023
26 de Maio de 2023A Asociación AGORA celebra o San Xoán de 2023
23 de Xuño de 2023A Asociación AGORA celebrou o día 17 de xuño de 2023 a súa XXVIII Asemblea Xeral Ordinaria e a súa XXIII Asemblea Xeral Extraordinaria.
O día 17 de xuño de 2023 celebramos na Asociación AGORA nosa XXVIII Asemblea Xeral Ordinaria na que se presentou a Memoria de Actividades de 2022 e a Memoria Económica de 2022 así como a planificación de Actividades e Orzamento para o 2023. Os puntos tratados foron aprobados polas persoas socias que estiveron a nos acompañar.
Ese mesmo día 17 de xuño de 2023 tamén celebramos na Asociación AGORA nosa XXIII Asemblea Xeral Extraordinaria na que se presentou a Renovación e Modificación dos Estatutos e a Elección de nova Xunta Directiva para o período 2023 ao 2026. Os puntos tratados foron aprobados polas persoas socias que estiveron a nos acompañar.
A nova Xunta Directiva da Asociación AGORA queda composta da seguinte maneira: como Presidente Isaac Rodríguez González ao que lle acompañarán como Vicepresidente Mario Díaz Díaz, como Secretaria Mónica Álvarez San Primitivo, como Tesoureiro Manuel Barreiro Conde, e como Vogais José David Castiñeira Rodríguez, Francisco Guitián González, María del Carmen Guedes Carvalho, Esther Jacobo Bernárdez, Dámaso Cachaldora Pérez e Pilar Silvosa Costa.
Todo o esforzo e traballo avalado pola Asemblea é responsabilidade da directiva e do equipo técnico que forma parte da Asociación AGORA.
E como non, para finalizar como podemos ver nas seguintes imaxes, celebramos un xantar o cal puidemos compartir xunto coas persoas socias no restaurante Manuel Bistró. Agradecer a Manuel e a todo o seu equipo a calidade na comida e o bo trato recibido.