COCEMFE Alerta do Desabastecemento de bolsas de ouriños e de ostomía
16 de Febreiro de 2024A Asociación AGORA participa no concurso dos Maios de 2024
8 de Maio de 2024Desde a Asociación AGORA sumámonos ao Grupo Social ONCE na iniciativa e reivindicación que fai do #DerechoAlVotoAccesible
As persoas con discapacidade tamén queremos votar nas eleccións de maneira privada, autónoma e en igualdade. Cun simple código QR nas papeletas electorais, máis de 400.000 europeos votarían sen barreiras, sen limitacións, exercendo o seu dereito a unha participación secreta e individualizada.
Por iso, desde o Grupo Social ONCE reivindican en redes sociais a través deste hashtag o #DerechoAlVotoAccesible. Desde a Asociación AGORA sumámonos ao hashtag do #DerechoAlVotoAccesible.
Picando na seguinte ligazón poderás ver o vídeo que preparou o Grupo Social ONCE, tamén con audiodescripción (español e inglés) e subtítulos, que explica por que non podemos seguir con máis procesos electorais que non estean adaptados: https://gruposocialonce.com/autonomia/derecho-al-voto-accesible