Centro de Día Agora
O Centro de Día Agora ofrece atención personalizada a persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado da Comarca de Lemos.
O Centro de Día Agora funciona cos seguintes principios: Valorar sempre as decisións, ilusións e expectativas das persoas usuarias e fomentar a convivencia das persoas usuarias e as súas familias. En definitiva, o noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade proporcionándolles apoios para desenvolver ao máximo o seu proxecto de vida persoal, incluíndo de forma activa ao seu grupo familiar e contorna social directa.
O horario de apertura é de luns a venres de 9:30 horas ás 18:00 horas.
Dispón de Transporte Adaptado propio o cal funciona para que as persoas usuarias poidan participar diariamente das actividades do Centro de Día.
O Centro permanece pechado durante o mes de agosto.
Servizos Que Prestamos
Área de Información, Valoración, Seguimento e Orientación
Servizo de Valoración, Seguimento, Avaliación e Coordinación:
Avaliación das necesidades e intensidade dos apoios
Programa de Atención Individual (PAI)
Seguimento e avaliación do PAI
Servizo de Información e Orientación:
Acollida e valoración das necesidades das persoas
Avaliación das necesidades e intensidade dos apoios
Plan de apoio individualizado
Seguimento e avaliación do Plan de apoio
Área de Mantemento e Rehabilitación
Servizos Sanitarios (Nº C-27-000891):
Servizo de Fisioterapia
Servizo de Logopedia
Servizo de Terapia Ocupacional
Servizos Non Sanitarios:
Atención Psicolóxica
Estimulación Cognitiva
Ximnasia de Mantemento
Psicomotricidade
Relaxación
Hidroterapia
Actividades e Programas
Educación de Adultos
Xogo Cognitivo
Manualidades
Talleres Estacionais
Talleres de Mosaico
Novas Tecnoloxías
Lectura de Prensa
Musicoterapia
Risoterapia
Cineforum
Programa de Respiro Familiar
Outros Servizos
Comedor
Transporte Adaptado
Produtos de Apoio
Limpeza e Mantemento
Xestión e Administración
Supervisión e Vixilancia