A Asociación AGORA súmase ao Manifesto de ACADAR do 8M de 2023
8 de Marzo de 2023A Asociación AGORA celebra a festa da Feira Medieval 2023
5 de Abril de 2023A Asociación AGORA homenaxea ás súas mulleres o 8 de Marzo de 2023 “Día Internacional da Muller”
Hoxe a Asociación AGORA con motivo do 8M e co lema “Todos os dereitos, todas as mulleres” das compañeiras de ACADAR y CEMUDIS non queremos finalizar o día sen facer unha homenaxe ás nosas mulleres e referentes: Ás nosas usuarias e traballadoras. As que aprenden cada día algo novo, as que sempre teñen un sorriso por vestido, as que se deixan coidar, as que coidan, as que nos ensinan a xestionarnos, a querernos. A todas elas e por suposto os nosos usuarios e compañeiros que creen que non deben existir diferenzas, que todos e todas somos iguais.
Co gaio do Día Internacional da Muller, este 8M reivindicamos: Todos os dereitos, para todas as mulleres.
A pesar dos avances conseguidos en materia de dereitos nos últimos tempos, as nenas e mulleres con discapacidade seguímonos enfrontando diariamente a situacións de violencia, desigualdade e capacitismo. Por iso, esta data debe servir tamén para esixir ante os poderes públicos e a sociedade no seu conxunto, un cambio real fronte ás inxustizas sociais.
Dende a Asociación AGORA sumámonos ao Manifesto completo de ACADAR e CEMUDIS ao que podemos acceder pinchando neste enlace.
A continuación, deixámosvos unhas imaxes das nosas persoas usuarias e traballadoras celebrando o 8 de Marzo de 2023 “Día Internacional da Muller”.