A Asociación AGORA participa no concurso dos Maios de 2024
8 de Maio de 2024XXIX Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación AGORA 2024
22 de Xuño de 2024Os días 17, 18 e 19 do mes de xuño do ano 2024 a Asociación AGORA para persoas con discapacidade de Monforte de Lemos desenvolveu o seu programa de respiro familiar en Cubillos del Sil (Ponferrada).
Nesta ocasión, a Asociación AGORA desprazouse cun grupo de 18 persoas usuarias e 12 persoas traballadoras ata a localidade de Cubillos del Sil en Ponferrada, onde fixo aloxamento nas instalacións de O bosque dos soños. Foron tres días de convivencia na zona, onde compartimos diferentes actividades culturais e de lecer.
Entre a programación de actividades preparadas estiveron acudir ás piscinas municipais, totalmente accesibles a persoas con mobilidade reducida, visitar o Museo da Radio Luís del Olmo ademais do Museo da Enerxía e realizar paseos tanto por Cubillos del Sil como por Ponferrada.
A continuación, nas seguintes imaxes podedes ver ás persoas usuarias e traballadoras da nosa Entidade gozando das visitas culturais realizadas e do tempo de lecer.
Segundo indica o presidente da Asociación AGORA, Isaac Rodríguez González, “todas as persoas teñen dereito a gozar de actividades de lecer, pero, no caso das persoas con discapacidade, teñen dificultade en atopar espazos que reúnan as condicións de accesibilidade, máis aínda cando se trata de grupos”. Por este motivo, a entidade trata de organizar todos os anos este programa de respiro, con obxectivo de garantir que todas as persoas participantes poidan ter un período de vacacións entre iguais e garantindo a accesibilidade nas actividades que se desenvolvan.