A Asociación AGORA participa no concurso dos Maios de 2023
3 de Maio de 2023XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria de COGAMI en 2023
26 de Maio de 2023A Asociación AGORA renova equipamento informático que lle permitirá ofrecer terapias actualizadas
Co fin de mellorar os seus programas e servizos, a Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos acaba de renovar o equipamento informático que empregan as persoas profesionais no seu traballo coas persoas usuarias, así como o equipamento dixital que permitirá experimentar novas terapias.
A entidade confirmou a adquisición de varios ordenadores de sobremesa, 2 armarios para almacenaxe, unhas gafas de realidade virtual, unha pizarra dixital e unha vídeo consola, equipamento novidoso que permitirá promover novas formas de atender ás persoas e terapias.
Para a adquisición de este equipamento, a Asociación AGORA contou cun orzamento de 8.828,89 € que proceden do 0,7% do IRPF a través de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia.
O uso de novas tecnoloxías permite explorar e experimentar formas de atención e participación social máis actualizadas e o deseño de terapias que complementen o traballo do equipo de profesionais que forman parte da entidade. Con este novo equipamento, poderanse traballar terapias específicas de xeito transversal nas áreas de psicoloxía, fisioterapia, traballo social e logopedia. A través da realidade virtual, dende AGORA promoverase ademais a participación e interacción nas actividades.