Saímos de Actividade Cultural e de Lecer ao Festival FanCine De Lemos 2023
5 de Xullo de 2023A Asociación AGORA deséxavos unhas Felices Festas e un Feliz Ano 2024
22 de Decembro de 2023A Asociación AGORA celebrou o día 17 de xuño de 2023 a súa XXIII Asemblea Xeral Extraordinaria na que renovou a súa Xunta Directiva.
A nova Xunta Directiva da Asociación AGORA estará integrada por Isaac Rodríguez González como Presidente, Mario Díaz Díaz como Vicepresidente, Mónica Álvarez San Primitivo como Secretaria, Manuel Barreiro Conde como Tesoureiro e, como Vogais estarán: José David Castiñeira Rodríguez, Francisco Guitián González, María del Carmen Guedes Carvalho, Esther Jacobo Bernárdez, Dámaso Cachaldora Pérez y Pilar Silvosa Costa.
"Esta etapa supón un reto e un gran pracer, pero tamén unha responsabilidade”, expresaba Isaac Rodríguez tras ser elixido presidente da entidade. No seu discurso tivo unhas palabras agarimosas para o que foi o presidente da entidade durante vinte e cinco anos, Manuel Barreiro, dicindo que “é un referente no movemento asociativo das persoas con discapacidade, o seu traballo e o do resto de compoñentes da súa directiva, deron lugar a un crecemento da entidade que a día de hoxe xestiona diferentes recursos e actividades dirixidos a mellorar a calidade de vida, o empoderamento e o exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade”. Isaac remataba dicindo “agardo continuar dito traballo e co apoio de todas as persoas que este ano contribuíron á misión da entidade".
A nova xunta directiva, elixida por un período de tres anos, continuará traballando “para e polas persoas con discapacidade, co obxectivo de promover os seus dereitos e a súa plena integración na sociedade", indicaba o Presidente, ofrecendo servizos especializados para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, como os que desenvolve o centro de día con 34 prazas en contrato coa Consellería de Política Social e Xuventude, a vivenda tutelada dirixida a promover a autonomía que conta con 7 prazas, ademais dos programas de intervención social, psicoloxía, de logopedia e fisioterapia, así como un servizo de transporte adaptado.
A Asociación AGORA nace en 1992 para traballar polos dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Monforte de Lemos. Actualmente presta servizo a 32 persoas e ten 88 persoas socias, ás que o Presidente tivo presentes trasladándolles o seu agradecemento, segundo dixo, “polo seu apoio e a súa confianza ao elixirme como presidente da entidade”. Tamén convida as persoas que aínda non coñecen a entidade que contacten con ela ou que sigan nas redes as actividades e programas que ten en marcha.