Semana Europea da Mobilidade 2022
16 de Setembro de 2022Enquisa de ACADAR para Coñecer o Impacto da Violencia Sexual Dixital 2022
7 de Outubro de 2022Saída a Ver a Exposición “Castelao grafista (facsímile)”.
Os Usuarios e Usuarias da Asociación AGORA foron a ver a exposición “Castelao grafista (facsímile)” na sede de Afundación en Monforte de Lemos.
A exposición “Castelao grafista (facsímile)” no Espazo+60 Afundación de Monforte conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, compóñense dunha antoloxía rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político de Castelao, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.
“Castelao foi un dos máis importantes intelectuais galegos da nosa historia, un verdadeiro humanista, dado que foi caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico e político”.
Como mostran as seguintes imaxes, os Usuarios e Usuarias da Asociación AGORA están a visitar a exposición e puideron mergullarse nesta coidada mostra artística, que recolle as diferentes técnicas e linguaxes empregadas por Castelao, que se plasman a través de debuxos, retratos fotográficos, caricaturas, ou portadas de revistas e libros do propio artista.
Castelao grafista (facsímile), ata o 7 de outubro en Monforte.
“Castelao grafista (facsímile)” permanecerá aberta ata o próximo 7 de outubro no Espazo+60 Afundación de Monforte e poderá visitarse de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade convida os visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.
A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, compóñense dunha antoloxía rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Galega, nas que a ilustración e o texto reflicten a aceda crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas dá vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).
No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao finalizou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A última lección do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de estado de 1936.
A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.