Instalacións e Equipamento
Na Asociación Agora dispoñemos dunha infraestrutura e equipamento óptimo para dar un bo servizo aos nosos usuarios e usuarias.
Contamos con varias instalacións situadas no Concello de Monforte de Lemos como son:
- O Centro de Día Agora situado na Rúa Carud, 142, Baixo.
- As Vivendas Tuteladas Agora I y Agora II situadas na Rúa Carud, 138.
- O Centro de Atención Diúrna Ocupacional cuxos locais foron cedidos pola Consellería de Política Social, situado na Rúa Alfredo Brañas, s/n.
- A Nave Industrial situada no Polígono Industrial O Reboredo.
- Tamén contamos con Furgonetas para o Transporte Adaptado das persoas usuarias e socias.