Servizo de Obradoiros


A Asociación AGORA conta cun Servizo de Obradoiros co fin de que as persoas usuarias, por unha banda, teñan unha actividade pre-laboral que potencie as súas capacidades e, por outra, ofertar alternativas de lecer.

A temporalidade dos Obradoiros pode variar sendo permanente durante todo o ano o Obradoiro de Mosaico, o Obradoiro de Manualidades, o Obradoiro de Costura, o Obradoiro de Cociña e outros estacionais como os Obradoiros para as Festas do ciclo do Entroido, para as Festas do ciclo do Samaín, para as Festas do ciclo do Nadal e Reis, Obradoiros para Decorar os Locais dos Centros, etc...,.

Os Obradoiros están dirixidos por persoal da Asociación.


Obxectivos Xerais:

  • Mellorar a psicomotricidade fina.
  • Mellorar a colaboración entre as persoas usuarias.

Obxectivos Específicos:

  • Coñecer e manexar as técnicas do traballo cos diferentes utensilios en función da actividade escollida: proceso de elaboración, materiais e ferramentas, normas de seguridade.
  • Experimentar a creatividade (expresión plástica, artística).
  • Favorecer a autoestima e sentido do traballo.
  • Adquirir valores de reciclaxe.
  • Ofrecer alternativas de lecer.