Centro de Atención Diurna Ocupacional Agora
A Asociación Agora xestiona un Centro de Atención Diurna Ocupacional na Rúa Alfredo Brañas s/n de Monforte de Lemos. Centro autorizado para 10 prazas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O Centro de Atención Diurna Ocupacional Agora nace no mes de Marzo de 2021 coa finalidade de ofrecer unha alternativa de atención dirixida a persoas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio límite e intermitente.
O Traballo realizado desde o Centro enmárcase na filosofía da planificación centrada na persoa, desde a cal o obxectivo sería a futura inserción laboral e dotar ás persoas usuarias de ferramentas que lles axuden a vivir a vida que elas elixan.
Obxectivos Xerais:
- Favorecer o pleno desenvolvemento.
- Favorecer ao máximo a habilitación ocupacional.
- Favorecer a inserción laboral e a participación social das persoas con discapacidade intelectual.
Obxectivos Específicos:
- Garantir ás persoas usuarias os servizos de mantemento, atención psicosocial e as actividades que necesiten para o seu desenvolvemento persoal.
- Facilitar a integración socio-laboral e a aprendizaxe de competencias laborais.
- Fomentar o desenvolvemento persoal e social mediante programas de habilitación ocupacional e de axuste persoal.
- Promover o uso de recursos comunitarios orientados á normalización, contribuíndo a súa participación social, ao desenvolvemento da autonomía persoal e a mellora da súa autoestima.
- Favorecer o gozo do maior nivel de saúde posible, habilitación física e hábitos de coidado de si mesmos.
- Procurar que as persoas usuarias teñan unha vida autónoma e independente en contornos normalizados.