Usuarios e Usuarias da Asociación AGORA facendo adornos para Nadal 2022
20 de Decembro de 2022A Asociación AGORA deséxavos un Bo Nadal 2022
24 de Decembro de 2022A Asociación AGORA inicia obras de Eficiencia Enerxética nas Vivendas Tuteladas e no Centro de Día Agora no mes de decembro de 2022
A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos puxo en marcha este ano un proxecto de instalación de caldeiras e renovación de ventás, co fin de mellorar as instalacións do seu centro de día e as vivendas tuteladas para persoas con discapacidade.
Esta renovación ten por obxecto mellorar a eficiencia enerxética e a redución do consumo, como se recolle nunha das liñas dos ODS da Axenda 2030, na que se promove garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, fiable, sostible e moderna para todas as persoas. As persoas beneficiarias deste proxecto son usuarias que acoden aos servizos que presta a entidade e que proceden dende diferentes concellos da comarca, como Monforte de Lemos e bisbarra, Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober.
Para a mellora destas instalacións, a Asociación AGORA contou cun orzamento de 27.580,32 € procedentes dos fondos achegados polo 0,7% do IRPF a través de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia.
Tras levar a cabo estas obras, haberá unha mellora no aforro enerxético que repercutirá na calidade de vida das persoas usuarias, das vivendas e das instalacións do centro de día, xa que contarán cunhas instalacións máis eficientes e renovadas.