¿Queres traballar connosco? Oferta de emprego 12 de novembro de 2024
12 de Novembro de 2024A Asociación AGORA mellora as instalacións das Vivendas Tuteladas e do Centro de Atención Diúrna no ano 2024 con fondos do 0,7% do IRPF.
Na Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos continuamos co noso compromiso de mellorar as instalacións e servizos que ofrecemos ás persoas usuarias. Recentemente, levamos a cabo obras para renovar a cociña das nosas Vivendas Tuteladas, garantindo un espazo máis funcional e accesible para as persoas residentes.
Ademais, adquirimos cadeiras de oficina e repousapés para mellorar a ergonomía dos postos de traballo dos profesionais do Centro de Atención Diúrna Agora, promovendo o benestar e a saúde na contorna laboral.
Estas actuacións, cun investimento total de 12.468,01 €, foron levadas a cabo cos fondos procedentes do 0,7% do IRPF a través da casa 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, tamén coñecida como X Solidaria, xestionados pola Xunta de Galicia.
Con estas melloras, a Asociación AGORA reafirma o seu compromiso coa accesibilidade universal, a confortabilidade dos seus espazos e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola Axenda 2030. A entidade mantén unha aposta decidida pola calidade dos programas e actividades que ofrece á comunidade.