¿Queres traballar connosco? Oferta de emprego 12 de novembro de 2024
12 de Novembro de 2024¿Queres traballar connosco? Oferta de emprego 26 de novembro de 2024
26 de Novembro de 2024A Asociación AGORA mellora as instalacións das Vivendas Tuteladas e do Centro de Atención Diúrna no ano 2024 con fondos do 0,7% do IRPF.
Na Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos continuamos co noso compromiso de mellorar as instalacións e servizos que ofrecemos ás persoas usuarias. Recentemente, levamos a cabo obras para renovar a cociña das nosas Vivendas Tuteladas, garantindo un espazo máis funcional e accesible para as persoas residentes.
Ademais, adquirimos cadeiras de oficina e repousapés para mellorar a ergonomía dos postos de traballo dos profesionais do Centro de Atención Diúrna Agora, promovendo o benestar e a saúde na contorna laboral.
Estas actuacións, cun investimento total de 12.468,01 €, foron levadas a cabo cos fondos procedentes do 0,7% do IRPF a través da casa 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, tamén coñecida como X Solidaria, xestionados pola Xunta de Galicia.
Con estas melloras, a Asociación AGORA reafirma o seu compromiso coa accesibilidade universal, a confortabilidade dos seus espazos e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola Axenda 2030. A entidade mantén unha aposta decidida pola calidade dos programas e actividades que ofrece á comunidade.