Na Asociación AGORA renovamos o Equipamento Informático e o Mobiliario en 2023
27 de Decembro de 2023COCEMFE Alerta do Desabastecemento de bolsas de ouriños e de ostomía
16 de Febreiro de 2024A Asociación AGORA recibiu a Visita de Raquel Arias Rodríguez e de Katy Varela o 31 de xaneiro de 2024
Hoxe Raquel Arias Rodríguez (Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo e Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia) e Katy Varela (Portavoz Municipal do PP de Monforte) visitaron as nosas instalacións da Asociación AGORA onde foron recibidas polo Presidente da Asociación, Isaac Rodríguez González, o Vicepresidente, Mario Díaz Díaz, o Tesoureiro, Manuel Barreiro Conde, e a Psicóloga e Directora en Funcións, Leticia González Valcárcel para ensinarlles o Centro de Día Agora situado na Rúa Carude, Nº 142, Baixo e as Vivendas Tuteladas Agora situadas na Rúa Carude, Nº 138.
A visita consistiu en facerlles un percorrido polas instalacións do Centro de Día Agora e as Vivendas Tuteladas Agora mentres se lles ía explicando o funcionamento de ambos os recursos. Durante o percorrido puideron ir vendo as distintas actividades que realizan diariamente as persoas usuarias en cada estancia do Centro de Día.
Ademais, durante o percorrido tamén puideron ir vendo as melloras feitas por parte da Asociación no Centro de Día e as Vivendas Tuteladas grazas neste caso á Subvención recibida por parte da Xunta de Galicia a través do Proxecto do 0,7% do IRPF, fondos que proveñen da casa 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria.
Estamos moi agradecidos tanto a Raquel Arias Rodríguez como a Katy Varela pola súa visita. Agradecerlles tamén a súa amabilidade e o bo trato que pola súa banda recibiron tanto as persoas usuarias como as que realizaron a visita.
Nas seguintes imaxes e vídeo podemos ver tanto Raquel como a Katy interactuando coas persoas usuarias e interesándose pola/s actividade/s que estaban a realizar.