
A Presidenta da Asociación ACADAR comparece no Parlamento de Galicia o 18/04/2023
18 de Abril de 2023
As persoas usuarias da Asociación AGORA preparando os Maios de 2023
28 de Abril de 2023As persoas usuarias do Centro Ocupacional da Asociación AGORA plantando a horta en 2023
Hoxe as persoas usuarias do noso Centro Ocupacional, situado na Rúa Alfredo Brañas s/n, aproveitando o bo tempo e que xa estamos en época de plantar, comezaron os traballos na horta para ter produtos ecolóxicos e verduras fresquiñas.
Dende a Asociación AGORA con estas Actividades do Taller de Xardinería fomentamos o traballo en equipo, o coidado e respecto ao medio ambiente, e ademais pasámolo moi ben na nosa faceta de granxeiros.
A continuación, deixámosvos algunha foto do traballo realizado polas persoas usuarias do Centro Ocupacional da Asociación AGORA.