Misión, Principios e Valores
Misión:
AGORA ten como misión promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara á súa plena integración.
Principios e Valores:
AGORA defínese como unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario e poderá solicitar a súa declaración de utilidade pública.
AGORA tenta levar a cabo a súa actuación mediante os seguintes principios e valores:
- Democracia interna.
- Solidariedade entre os seus membros.
- Transparencia na xestión e actuación da entidade e dos seus socios.
- Defensa de necesidades sociais por encima de intereses particulares.
- Rexeite de protagonismos e actitudes competitivas.
- A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando mensaxes sentimentalistas e asistenciais.
Entre os seus fins están a defensa da dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, a promoción da integración social e laboral creando as condicións favorables que eviten a exclusión social.
E, en consecuencia, desenvolver todo tipo de programas e actividades específicas dende a discapacidade que sexan beneficiosos para os homes e mulleres con discapacidade.
AGORA está constituída polas persoas asociadas e é unha entidade aberta da que poden formar parte, previa aprobación segundo os estatutos, todas as persoas que o soliciten e compartan os seus principios e fins na defensa da plena integración das persoas con discapacidade.