A Asociación AGORA deséxavos unhas Felices Festas e un Feliz Ano 2024
22 de Decembro de 2023A Asociación AGORA recibiu a Visita de Raquel Arias e de Katy Varela o 31 de xaneiro de 2024
31 de Xaneiro de 2024Na Asociación AGORA renovamos o Equipamento Informático e o Mobiliario para mellorar as Terapias e Actividades que prestamos nos nosos recursos.
Co fin de mellorar os nosos programas e servizos, a Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos, ven de renovar o equipamento informático que emprega o equipo de profesionais nos eu traballo diario cas persoas usuarias, así como a adquisición de novo mobiliario. Tamén adquiriu equipamento dixital que permitirá explorar e experimentar con novas terapias que complementarán o traballo cas terapias tradicionais.
A entidade confirma a adquisición de varios ordenadores de sobremesa, 2 armarios para almacenaxe, unhas gafas de realidade virtual, unha pizarra dixital e unha vídeo consola, equipamento novidoso que permitirá promover novas metodoloxías de traballo na atención as persoas usuarias e novas terapias.
Para a adquisición deste equipamento, a Asociación AGORA contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF que proveñen da casilla 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria e coa xestión de COGAMI.
Isaac Rodríguez González, Presidente da Asociación AGORA, indica que o uso das novas tecnoloxías aplicado as terapias en persoas con discapacidade permite experimentar novas formas de atención e participación social, facilitando o deseño de terapias que complementan e suman o traballo dos profesionais facilitando así novas formas de intervención tanto individual como grupal. E importante a contribución da sociedade marcando a casilla 106, que permite e facilita que as entidades poidan mellorar os seus programas e recursos.
Con este novo equipamento, poderanse traballar terapias específicas de xeito transversal nas áreas de psicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, traballo social e logopedia. A través da realidade virtual se promoverá o adestramento das persoas en situacións cotiás o que lle permitirá ter unha maior autonomía e habilidades sociais.
Asociación AGORA
É unha entidade sen ánimo de lucro que xurde no ano 1992 coa misión de defender os dereitos das persoas con discapacidade da Comarca de Lemos, para acadar unha plena participación na sociedade. Actualmente conta con 89 persoas asociadas e atende diariamente nos diferentes programas e servizos que desenvolve, a 32 persoas con discapacidade.