O Alcalde de Monforte Inaugura Exposición Fotográfica de Cegasal
29 de Xullo de 2022Semana Europea da Mobilidade 2022
16 de Setembro de 2022O Centro de Recursos de COGAMI Lugo Recibe a Visita de Representantes da Xunta
A Vicepresidenta Segunda de COGAMI e Directora da Asociación AGORA, Mónica Álvarez, acompañada do Secretario do Secretario, Víctor Silva, o Presidente da Federación COGAMI Lugo, José Luis Lolo, e o Director do Centro de Fingoi, Juan Gude, recibiron a visita no centro de recursos de Fingoi do Director Xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, quen chegou acompañado do Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Os convidados realizaron unha visita polas instalacións do centro onde puideron interactuar coas persoas usuarias e coñecer máis de preto os diferentes servizos que se prestan a favor da autonomía e mellora de calidade de vida das persoas con discapacidade.
Nesta visita, os representantes da Xunta anunciaron o incremento das prazas públicas no centro de día de Fingoi ata chegar a un total de 31. O Director Xeral sinalou que a Xunta segue a confiar en entidades sociais como COGAMI na atención a persoas con discapacidade, “por ser elas as que mellor coñecen as súas necesidades e saben ofrecer servizos á súa medida”.