A Asociación AGORA realizou en xuño de 2024 o seu programa de Respiro Familiar en Cubillos del Sil (Ponferrada)
20 de Xuño de 2024A Asociación AGORA participa no Festival FanCine Lemos 2024
5 de Xullo de 2024A Asociación AGORA celebrou o día 22 de xuño de 2024 a súa XXIX Asemblea Xeral Ordinaria.
O día 22 de xuño de 2024 celebramos na Asociación AGORA nosa XXIX Asemblea Xeral Ordinaria na que se presentou a Memoria de Actividades de 2023 e a Memoria Económica de 2023 así como a planificación de Actividades e Orzamento para o 2024. Os puntos tratados foron aprobados polas persoas socias que estiveron a nos acompañar.
Todo o esforzo e traballo avalado pola Asemblea é responsabilidade da directiva e do equipo técnico que forma parte da Asociación AGORA.
A Asemblea finalizou sendo avalados todos os puntos e celebrando un xantar o cal puidemos compartir xunto coas persoas socias no restaurante Manuel Bistró. Agradecer a Manuel e a todo o seu equipo a calidade na comida e o bo trato recibido.
Grazas a todas as persoas socias que nos acompañastes e que nos apoiades no noso labor.