Orixe e Historia


O 20 de febreiro de 1992 constituíuse a ASOCIACIÓN AGORA, entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade para a súa plena integración social.

AGORA ten a súa sede social en Monforte de Lemos e o seu ámbito de actuación é a Comarca de Terras de Lemos (Lugo).

AGORA sempre apostou e asumiu como reto que as persoas con discapacidade avanzasen en autonomía persoal, en integración social, cultural e laboral. Que con apoios suficientes e potenciando as súas capacidades poden normalizar a súa vida e ser protagonistas da súa existencia.

AGORA nos seus 30 anos de existencia foi capaz de poñer en marcha e xestionar diversos proxectos, iniciativas, recursos e servizos que melloraron a vida das persoas con discapacidade.p>

Destacamos entre outras as seguintes iniciativas:

  • Ano 1992: CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO AGORA (Iniciativa de integración laboral que estivo funcionado ata o ano 2004).
  • Ano 1995: CENTRO OCUPACIONAL AGORA (Proxecto que se puxo en marcha no ano 1995 e que no ano 2009 transformouse en Centro de Día).
  • Ano 1999: CENTRO DE DIA AGORA (Servizo para atención de persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso e xeneralizado). Actualmente en funcionamento.
  • Ano 2001: VIVENDAS TUTELADAS AGORA I Y AGORA II (Actualmente en funcionamento).
  • Ano 2021: CENTRO DE ATENCION DIURNA OCUPACIONAL (Este centro está situado en locais cedidos pola Consellería de Política Social na rúa Alfredo Brañas S/N).

AGORA nos seus 30 anos de vida sempre mantivo en funcionamento un Servizo de Información, orientación e asesoramento para familias e persoas con discapacidade e un Servizo de Transporte Adaptado tan necesarios para o desenvolvemento de todas as súas actividades, tanto dos seus centros como outras de lecer e tempo libre.

A Asociación Agora participa no movemento asociativo como socio fundador da Federación Provincial de Persoas con Disapacidade de Lugo (COGAMI LUGO) e somos unha entidade membro directo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e está englobada no movemento asociativo da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE).