![imaxe portada centros asociación agora compadres 2023](https://asociacionagora.gal/wp-content/uploads/2023/02/img-portada-cda-coa-compadres-2023.jpg)
A Asociación AGORA concursa no Xoves de Compadres 2023
9 de Febreiro de 2023![imaxe cartel adquisición vehículo nextgenerationeu 2023](https://asociacionagora.gal/wp-content/uploads/2023/04/cartel-adquisicion-vehiculo-2023.png)
Axuda NextGenerationEU a entidades para a Adquisición de Vehículos 2023
17 de Febreiro de 2023A Asociación AGORA participa no concurso do Xoves de Comadres 2023 de Monforte de Lemos
O Xoves de Comadres continúan os festexos do Entroido 2023 de Monforte de Lemos.
Hoxe 16 de Febreiro celebrouse o Xoves de Comadres, unha celebración que tradicionalmente se distingue por levar á rúa a burla e sátira que os homes fan das mulleres.
Como non podía ser menos os Centros da Asociación AGORA participaron tamén no Concurso do Xoves de Comadres 2023 de Monforte de Lemos.
A continuación podemos ver as imaxes do resultado do traballo realizado polas persoas Usuarias dos Centros da Asociación cos bonecos que expuxeron para participar no Concurso do Xoves de Comadres.
O Centro de Día Agora, situado na Rúa Carud 142, fai unha crítica social baixo o título “O contacontos da sanidade” para abordar a crise sanitaria.
O Centro Ocupacional Agora, situado na Rúa Alfredo Brañas s/n, fai unha crítica social baixo o título “Fashion Week Monforte primavera verán 2023" na que as nosas mulleres cos seus deseños sostibles reivindican a calidade da nosa moda así como o seu empoderamento coas frases de Shakira, Rosalía e Chanel.