
A Asociación AGORA deséxavos un Feliz Ano Novo 2023
31 de Decembro de 2022
A Asociación AGORA concursa no Xoves de Comadres 2023
16 de Febreiro de 2023A Asociación AGORA participa no concurso do Xoves de Compadres 2023 de Monforte de Lemos
O Xoves de Compadres da comezo aos festexos do Entroido 2023 de Monforte de Lemos.
Hoxe 9 de Febreiro celebrouse o Xoves de Compadres, unha celebración que tradicionalmente se distingue por levar á rúa a burla e sátira que as mulleres fan dos homes e que supón a contestación dos homes unha semana mais tarde, o 16 de febreiro, co Xoves de Comadres.
Xa comezou o entroido e como non podía ser menos os Centros da Asociación AGORA participaron no Concurso do Xoves de Compadres 2023 de Monforte de Lemos.
A continuación podemos ver as imaxes do resultado do traballo realizado polas persoas Usuarias dos Centros da Asociación cos bonecos que expuxeron para participar no Concurso do Xoves de Compadres.
O Centro de Día Agora, situado na Rúa Carud 142, fai unha crítica social baixo o título “La luz es una tómbola”.
O Centro Ocupacional Agora, situado na Rúa Alfredo Brañas s/n, fai unha crítica social baixo o título “A pitiña polo que vale”.