
A Asociación AGORA adquire novo material para terapias e talleres en 2025
11 de Xuño de 2025
¿Queres traballar connosco? Oferta de emprego Educador/a Social 7 de outubro de 2025
7 de Novembro de 2025A Asociación AGORA acaba de reformar o Baño do seu Centro de Atención Diúrna para mellorar a accesibilidade e autonomía.
Esta reforma foi posible a través dos fondos do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia
Co fin de mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente en promoción a da autonomía e accesibilidade das persoas con discapacidade, Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos ven de realizar obras nun dos baños do seu centro de atención Diúrna para facelo máis accesible e inclusivo.
O novo espazo conta cun lavabo e un inodoro regulables en altura, que permiten adaptarse ás necesidades específicas de cada persoa usuaria. Ademais, incorporouse unha camilla abatible que facilita o cambio postural e a hixiene das persoas que o precisen, garantindo sempre a súa seguridade e comodidade. Un dos elementos máis destacados da reforma é a instalación dunha grúa de teito, que facilita os desprazamentos dentro do baño e reduce o esforzo físico tanto das persoas usuarias como do persoal que lles presta apoio. Para reforzar a seguridade, instaláronse en tódolos baños sistemas de alarma accesibles, que permiten solicitar axuda en caso de emerxencia.
Para a adquisición deste material, a Asociación AGORA contou con financiación da Xunta de Galicia a través do 0,7% do IRPF a través de tódalas persoas contribuíntes que marcaron a casilla 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria, e a xestión de COGAMI entidade da que Asociación AGORA é membro.
A Asociación AGORA leva varios anos promovendo unha mellora dos seus espazos e instalacións marcando como obxectivo sempre a búsqueda dunha maior confortabilidade e accesibilidade universal nas instalacións, así como unha atención de calidade e sostible que oferta e cun firme compromiso cos Obxectivos de Desenrolo Sostible que marca a Axenda 2030.
Asociación AGORA
É unha entidade sen ánimo de lucro que xurde no ano 1992 coa misión de defender os dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Lemos, para acadar unha plena participación na sociedade. Actualmente conta con 81 persoas asociadas e atende diariamente nos diferentes programas e servizos que desenvolve, a 32 persoas con discapacidade.












