
¿Queres traballar connosco? Oferta de emprego Coidador/a 7 de outubro de 2025
7 de Novembro de 2025A entidade Asociación AGORA recibe unha subvención do Concello de Monforte de Lemos para o proxecto creARTE: espazos de potenciación.
A entidade foi beneficiaria dunha subvención concedida polo Concello de Monforte de Lemos destinada a apoiar o desenvolvemento do proxecto creARTE: espazos de potenciación, unha iniciativa orientada a mellorar os recursos dispoñibles nos talleres e terapias dirixidos ás persoas con discapacidade que acoden aos nosos servizos e actividades. Grazas a esta achega económica, puidemos incorporar novo material para ampliar e reforzar as actividades que realizamos diariamente. Entre os recursos adquiridos destacan:
Material para talleres de manualidades, costura...
- Teas, fios, botóns, vinilos e outros materiais para costura.
- Puzzles e recursos de manualidades que fomentan a creatividade, a motricidade fina e a expresión artística.
Recursos de estimulación cognitiva.
- Aplicación NeuronUP, que permite traballar diferentes capacidades cognitivas.
- Libros de estimulación cognitiva, para reforzar memoria, atención e outras habilidades executivas.
Material para intervencións terapéuticas.
- Equipamento específico para fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia, mellorando a calidade e variedade das sesións terapéuticas.
Material de xardinería
- Recursos para desenvolver actividades ao aire libre, promovendo o contacto coa natureza, o benestar emocional e a adquisición de habilidades prácticas.
Esta subvención representa un importante impulso para a mellora continua dos nosos espazos e programas, permitindo ofrecer intervencións máis completas, motivadoras e adaptadas ás necesidades das persoas usuarias.
A entidade quere expresar o seu agradecemento ao Concello de Monforte de Lemos polo seu apoio e compromiso coa inclusión social e co fortalecemento da nosa labor.

