A Asociación AGORA participa no Festival FanCine Lemos 2024
5 de Xullo de 2024A Asociación AGORA organiza unha Xornada de Portas Abertas o 27/09/2024
23 de Setembro de 2024Na Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos levamos a cabo este verán importantes obras no noso Centro de Día
Co obxectivo de mellorar tanto a seguridade como a eficiencia enerxética das nosas instalacións na Asociación AGORA acometemos importantes obras este verán. As actuacións realizadas inclúen a renovación de dúas portas, unha delas con sistema antipánico para garantir unha evacuación rápida e segura, así como a instalación de placas solares que permitirán o autoabastecimiento enerxético do centro de día.
Para a realización destas melloras, a Asociación AGORA contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF que proveñen de marcar a caixa 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria e coa xestión de COGAMI.
Deste xeito, a Asociación AGORA continúa co seu compromiso de reducir o uso de combustibles fósiles e promover unha maior sustentabilidade ambiental nas súas instalacións.
A asociación leva anos traballando para mellorar as súas infraestruturas, sempre co obxectivo de ofrecer espazos máis confortables para as persoas usuarias e reforzar os seus programas e actividades. Estas iniciativas enmárcanse dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, aos que a Asociación AGORA está firmemente comprometida.
Isaac Rodríguez González, Presidente da Asociación AGORA, indica que “É moi importante a contribución da sociedade marcando a caixa 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, xa que grazas a este xesto solidario os fondos do 0,7% do IRPF permite e facilita que as entidades poidan mellorar os seus programas, recursos e instalacións”.
Asociación AGORA
É unha entidade sen ánimo de lucro que xorde no ano 1992 coa misión de defender os dereitos das persoas con discapacidade da Comarca de Lemos, para alcanzar unha plena participación na sociedade. Actualmente conta con 87 persoas asociadas e atende diariamente nos diferentes programas e servizos que desenvolve, a 32 persoas usuarias con discapacidade.