
A Asociación AGORA recibe unha subvención do Concello de Monforte de Lemos para o proxecto creARTE: espazos de potenciación
3 de Decembro de 2025Na Asociación AGORA abrimos unha oferta de emprego para un perfil de Psicólogo/a. ¿Queres traballar connosco?
Na Asociación AGORA para persoas con discapacidade de Monforte de Lemos temos aberta 1 oferta de emprego a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia.
O perfil profesional para cubrir dita oferta é o seguinte:
- Un/Unha Psicólogo/a, 12 meses ao 75% da xornada.
O salario é segundo convenio (XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con discapacidade).
Para poder acceder a esta oferta tes que cumprir os seguintes requisitos:
- Atoparse en situación de desemprego e como persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupada e que este dispoñible para o emprego.
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro nas seguintes convocatorias:
- Orde do 31 de xullo de 2023 (DOG núm. 152, do 10 de agosto: TR352A 2023).
- Orde do 30 de xullo de 2024 (DOG núm. 155, do 12 de agosto: TR352A 2024).
- Orde do 4 de agosto de 2025 (DOG núm. 157, do 19 de agosto: TR352A 2025).
Se cumpres os requisitos manda a túa candidatura antes do 5 de novembro de 2026 ao noso correo electrónico agora@cogami.gal

